jueves, 24 de noviembre de 2016

Unha mensaxe do pobo de Alepo ao mundo

Texto orixinal via: Abd Alfattah Sheikhomar
Traducción ao galego: Elena Cal


"Hoxe é o 91º día do cerco da cidade de Alepo. Segundo as estatísticas do concello da cidade de Alepo, 271.536 persoas están presas no interior do leste de Alepo e só nos últimos 23 días se teñen documentado máis de 2.300 ataques incluíndo os ataques aéreos, barrís explosivos, artillería, bombas de fragmentación, municións antibunker e bombas cargadas con gas de cloro. Alcanzaron a 8 hospitais e centros médicos, 4 hospitais ao longo da última semana, 6 escolas, 2 panaderías e a sede principal da defensa civil.
Tanto as forzas aéreas do réxime sirio como as rusas están dirixindo deliberadamente os ataques á infraestrutura civil, a fin de romper a vontade do pobo, que actualmente carece case por completo de coidados médicos, a xente ten medo de ir aos hospitais por culpa dos ataques aéreos intencionais rusos e do réxime sirio. Pasaron case 6 anos e preguntámonos que estivo a facer o mundo... máis de 500 000 persoas morreron, cantos hospitais ou escolas se necesitan para ver accións reais contra os crimes de guerra en Siria? Non pode ser máis arrepiante ca isto, estamos en 2016 e 271.536 persoas estamos presas nunha cidade sitiada enfrentando a morte por bombardeo e, posiblemente moi pronto, a fame; a disfuncionalidade do mundo é responsable de 500.000 mortes e das 271.536 persoas presas na cidade, preguntámonos para que temos ás Nacións Unidas, para que temos o dereito humanitario?
Isto está sendo un desastre a cámara lenta e esta mensaxe ao mundo é das persoas que permanecemos en Alepo, non miredes para os anos pasados e desexedes poder ter feito algo, aínda estades a tempo, pedímosvos que bloqueedes a forza aérea de Assad, que nos está matando, ou polo menos influir diplomaticamente para forzar ao réxime sirio e a Rusia a que deteñan o bombardeo da cidade de Alepo. Pedimos que se abra un corredor humanitario desmilitarizado para o pobo de Alepo a zonas xestionadas pola revolución, con só observadores da ONU sen a presenza doutros grupos ou países, un corredor que permita a libre circulación de alimentos, combustible, medicamentos e todas as mercadorías para a infraestrutura civil básica de Alepo oriental, "estacións de auga, electricidade, hospitais, escolas e defensa civil", facilitando tanto a axuda de emerxencia como os movementos comerciais. Os grupos armados revolucionarios concordaron permitir o paso de axuda humanitaria para Alepo oriental, rexeitado tanto polo réxime sirio como por Rusia. Se a comunidade internacional non pode abrir este corredor nin convencer ao réxime sirio que pase a axuda de emerxencia para Alepo oriental, instamos ao mundo e especialmente a Occidente para que lance a axuda humanitaria dende o ar, xa que hai avións de combate da coalición liderada por EEUU en Siria que non están lonxe da cidade de Alepo.
Somos o pobo de Alepo oriental e insistimos en que non temos problemas con que a axuda de emerxencia se lance dende os avións. A comunidade internacional ten a responsabilidade de calquera futura consecuencia do asedio de Alepo. Estamos esperando que as nosas voces sexan ouvidas e que Alepo se salve”.


Resultado de imagen de aleppo

1 comentario:

  1. Información para todas las personas y todas las comunidades.
    Alguna vez ha pensado en obtener un préstamo sin estrés de un prestamista de buena reputación? Ha estado buscando un préstamo y su banco local le negó el préstamo? Enhorabuena por estar en el lugar correcto para obtener este préstamo de oferta de préstamo, Welfare Loan Institute es una solución a sus problemas financieros. Podemos ayudarlo a obtener un préstamo de calidad con una transferencia rápida, la Solicitud de Préstamo se aplica a todas las personas y compañías. Las personas interesadas deben contactarnos para obtener más información a través del correo electrónico: prestito.locali@gmail.com


    Información para todas las personas y todas las comunidades.
    Alguna vez ha pensado en obtener un préstamo sin estrés de un prestamista de buena reputación? Ha estado buscando un préstamo y su banco local le negó el préstamo? Enhorabuena por estar en el lugar correcto para obtener este préstamo de oferta de préstamo, Welfare Loan Institute es una solución a sus problemas financieros. Podemos ayudarlo a obtener un préstamo de calidad con una transferencia rápida, la Solicitud de Préstamo se aplica a todas las personas y compañías. Las personas interesadas deben contactarnos para obtener más información a través del correo electrónico: prestito.locali@gmail.com

    ResponderEliminar